JOSÉ OTERO ARES, GASTROLAB AROUSA E GRUPO JJ CHICOLINO PREMIOS ABE 2024
O prazo das votación finalizou o pasado venres
O premio de honra recae no fundador de Electrodoméstico Otero
A gala terá lugar o venres 22 de novembro na Pousada da Galiza Imaxinaria
Boiro 11 de novembro de 2024
Finalizado o prazo para que os socios e socias da ABE escolleran aos gañadores dos premios deste ano cabe destacar a altísima participación xa que se recibiron 760 votos récord absoluto de todas as edicións dos premios.
En canto as curiosidades podemos indicar que na categoría de mellor comercio ata 55 negocios diferentes recibiron votos e na de mellor empresa 71.
Mellor comercio
Na categoría de mellor comercio o gañador desta edición foi Gastrolab Arousa o espazo gastronómico de Miguel Mosteiro, Chef seleccionado para representar a cociña galega na Expo de Milán 2015, CIIE Shanghai 2019 e FOODEX JAPAN 2020; relator en moitas das feiras gastronómicas máis prestixiosas do noso país,: Alimentaria (Barcelona), Salón Gourmet (Madrid), Fórum Gastronómico (A Coruña), Fórum Gastronómico (Xirona), Gourmet Black Label (Pontevedra). ) , Fórum Gastronómico (Santiago de Compostela), Conxemar (Vigo), Salimat (Silleda), FITUR (Madrid), Salón Náutico de Barcelona, etc.
Gastrolab organiza todo tipo de eventos gastronómicos tanto nas súas instalacións como a domicilio: showcooking, festas gastronómicas, campañas de difusión de produtos, ofrecen servizo de catering personalizado (cociñeiro a domicilio, banquetes, eventos populares...), obradoiros gastronómicos como degustacións e maridaxes, cursos de cociña dirixidos tanto a profesionais como afeccionados, consultoría, I+D, etc.
Ademais, contan cunha tenda para grandes amantes da cociña, onde poden adquirirse os produtos máis exclusivos para o fogar.
Mellor empresa
Na categoría de mellor empresa a gañadora foi Grupo JJ Chicolino que con máis de 20 anos de experiencia, está formado por catro empresas que aportan todo tipo de solucións para os sectores industriais máis importantes como o mariño, o alimentario, etc.
Cada empresa ten produtos específicos e a interrelación entre eles permítenos ofrecer solucións complementarias que, doutro xeito, obrigarían ao cliente a acudir a distintos provedores.
Empresa especializada en ofrecer solucións para o entretemento: Instalación e deseño de parques infantís, instalación e construción de pistas polideportivas, instalación e construción de pistas de pádel, campos de fútbol con herba artificial, ximnasios ao aire libre...
Premio de honra
Un premio que decide a Xunta Directiva da asociación e que trata de poñer en valor a traxectoria dunha persoa empresaria na que a súa xestión representara un exemplo para os emprendedores da localidade e que a empresa que lidera tivera unha traxectoria destacada.
Nesta edición o galardón recaeu en José Otero Arias fundador en 1977 da empresa Boirense Electrodomésticos Otero (Grupo Cenor) unha empresa familiar que sempre estivo á vangarda da tecnoloxía e os mercados cun local de 650 metros cadrados que permite ofrecer aos clientes un gran surtido de electrodomésticos, imaxe, informática e son para o fogar.
A directiva argumentou os seguintes motivos para a elección deste gañador:
- Pola súa ampla e contrastada traxectoria empresarial ao fronte dun dos comercios con mais tradición da localidade.
- Pola súa contribución ao desenvolvemento económico do pobo.
- Pola súa capacidade de traballo, esforzo e adicación ao negocio.
Gala de entrega de premios
A gala terá lugar o vindeiro venres 22 de novembro a partir das 20:30 hs na POUSADA DA GALIZA IMAXINARIA.
A entrada é exclusivamente con invitación e contaremos con Photocall, musica en directo a cargo de CATUXA SALOM, pinchos, e sobre todo a presenza do tecido empresarial Boirense no que será a festa dos empresarios de Boiro.